Vivenda sita na Avda. de Lugo, á beira do Auditorio Municipal de Cangas, con bo acceso á Zona Vella de Cangas pola rúa San Xosé e a pé da Avda. da Coruña, que dá acceso á Vía Rápida. Está preto de colexios (Compañía de María e CEIP Nazaret), a 7 minutos a pé do Mercado Municipal e a 11 minutos da Estación Marítima.
Conta cun salón comedor moi amplo; unha cociña independente totalmente equipada; 3 dormitorios, un deles principal, exterior e con baño propio con bañeira; os outros dous a patio de luces; un baño xeral tamén con bañeira e unha zona de lavadoiro, con acceso desde o recibidor, onde se atopa a lavadora, o termo para o auga quente sanitaria e unha zona de tendal a patio de luces.
As xanelas son corredoiras de dobre cristal en toda a vivenda. Conta con calefacción por acumuladores eléctricos.
O edificio conta con ascensor que chega até a planta soto onde se atopan garaxes e rochos.
A vivenda véndese semiamoblada e con praza de garaxe e rocho.
Excelente opción para vivenda habitual, por tamaño e situación.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno