Local de aprox. 100 m2 na zona vella de Cangas: Rúa Fonte do Galo nº 7, con licencia de cafetería.
Agora busca unha nova vida, afastada do ocio nocturno, para actividades de hostalaría (despacho de pan, zumería, churrería, heladería, cafetería de día) ou outros usos como oficina, comercio, clínica, taller etc.
Alquílase no seu estado actual: con chan de formigón puído e 2 baños reformados. É posible darlle maior luminosidade, destapando o escaparate (até agora tapado), ampliándoo e mesmo abrindo novas luces cara á horta onde até agora atopábase o almacén.
Contamos con plano do seu estado actual e con varios planos de distribucións alternativas para uso oficina e similares, para que vexades en que poderíades convertilo. Ten enormes posibilidades!.
O Concello ten previsto o reacondicionado desta rúa peonil, con pavimento de pedra e futura conexión coa Avenida de Galicia.
Como en calquera aluguer comercial á renda anunciada (base impoñible) hai que aplicarlle os impostos (21% de IVE e -19% de rentención por IRPF).
Consultar opción de acondicionamento básico a cargo do propietario: https://www.lares.gal/es/ref-4196
o seu entorno