Chalé acaroado construído en 2007 en perfecto estado de conservación.
Situado nunha zona tranquila, a 700 m da praia de Meira, a 1,5 km do centro urbano de Moaña e a 20 minutos en coche de Vigo.
A casa distribúese en planta baixa, primeira planta, segunda planta e planta baixo cuberta.
Na primeira planta atopamos un amplo salón comedor con cheminea que dá acceso á terraza. Nesta planta tamén se atopa a cociña, con acceso ao xardín e saída ás zonas comúns da urbanización, ademais dun aseo.
A través das escaleiras accedemos á segunda planta, onde está a zona de noite, con 3 habitacións de gran tamaño, unha delas con baño con bañeira, e un baño xeral con bañeira.
O baixo cuberta está acondicionado pero non dispón de divisións, convirténdoo nun espazo adicional para outro salón, oficina, habitacións ou almacenamento. Desde esta planta accédese a unha terraza.
Na planta baixa atopamos un garaxe, unha zona de lavandería e instalacións e un cuarto para almacenamento adicional.
A calefación e a auga quente sanitaria son por caldeira individual a gas propano (suministro comunitario).
Radiadores de aluminio en cada estancia, con termostato regulador de temperatura independente por planta.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno