Local comercial de aproximadamente 109 m2, dispoñible en alugueiro en Aldán (Cangas).
Pola súa proximidade á zona de praias e ao porto de Aldán ubícase nunha zona ideal para actividade comercial.
Goza de excelente visibilidade, xa que está situado a pé da estrada xeral, nunha zona con tránsito frecuente.
Local situado na planta baixa dunha vivenda, completamente accesible. Conta con escaparates na fachada principal e dispón dun aseo na parte traseira.
A renda indicada corresponde á base impoñible (suxeita a IVE e retención por IRPF). A comunidade e o IBI están incluídos, sendo por conta do inquilino o pago da luz, auga e lixo.
Como en todos os alugueiros de local comercial, é necesario acreditar solvencia e depositar dous meses de fianza (para o seu depósito obrigatorio no IGVS).
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno