Alugueiro de tempada para o curso escolar: este alugueiro implica o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño, ambos incluídos (quedan excluídos, polo tanto, os meses de verán).
Casa de pedra na zona da Magdalena (Cangas) composta por planta baixa e primeira planta, con escaleiras interiores e exteriores. Distribúese do seguinte xeito:
Planta baixa: un único dormitorio, que pode ter distribución con cama de matrimonio ou dúas camas inndividuais e baño con prato de ducha.
Primeira planta: un único espazo aberto con cociña e zona de salón-comedor, con espectaculares vistas.
Na zona exterior conta cun pequeno xardín e zona de cenador.
A auga quente prodúcese mediante termo eléctrico.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza será a establecida pola Xunta de Galicia para este tipo de contratos (consultar).
A persoa inquilina deberá facerse cargo dos recibos da luz.
Internet, auga e lixo están incluídos no prezo.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno