Estupenda vivenda á venda en Cangas, situada nunha zona moi exclusiva, xusto diante da Alameda Vella e do Mercado Municipal, con localización privilexiada, orientación sur e a comodidade de contar con todos os servizos a man.
O inmoble distribúese en planta baixa, primeira planta e buhardilla.
A planta baixa, agora destinada a local comercial, de aproximadamente 100 m2.
A primeira planta, a vivenda, tamén de aproximadamente 100 m2 e que necesita reforma integral. Dispón dun estupendo balcón na fachada principal, orientado ao Sur, garantindo así a súa luminosidade.
E a buhardilla, que ocupa aproximadamente uns 36 m2, sen acondicionar e para rehabilitar.
Alén da súa excelente localización, este inmoble do ano 1930, destaca pola súa fachada histórica de gran valor estético, a súa alta visibilidade comercial, e a súa presenza nunha zona de intenso tránsito peonil e rodado, ideal para negocios e actividades de cara ao público.
En resumo, unha propiedade con gran proxección, tanto para investidores como para promotores ou para particulares que desexen vivir en pleno corazón de Cangas.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno