Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Casa en Coiro con xardín (ref.4453)

Casa á venda en Coiro, na zona da Boubeta, con fermosas vistas despexadas a campos, con sol todo o día pola súa orientación suroeste, nunha zona moi tranquila e, ao mesmo tempo, moi preto do núcleo urbano de Cangas, da praia, do acceso á Vía Rápida e de todos os servizos necesarios.

A casa precisa reforma interior e acondicionamento xeral, pero conta con 3 plantas, sendo completamente independente a planta baixa do resto da vivenda, o que permite habitar de forma autónoma dentro da mesma propiedade.

A planta baixa conta con uns 102 m², polo que resultaría unha vivenda ampla, de ata 3 dormitorios, con acceso a un xardín dianteiro moi soleado e a un pequeno patio traseiro.

A primeira planta, coa mesma superficie, tamén permite unha vivenda de gran tamaño e ademais comunica interiormente coa planta baixocuberta, que se pode destinar a vivenda ou deixar como almacén. O acceso á primeira planta pode ser por rampla ou por escaleiras: as escaleiras levan directamente á entrada principal e a rampla ao fermoso xardín á mesma altura da planta, rectangular e chan, íntimo e soleado, con lavadoiro e construción auxiliar. Ademais, desde o xardín hai outra entrada cuberta para esta planta.

O estado interior está para reformar, polo que se pode redistribuír ao gusto, cambiando ou ampliando estancias.

Conta con garaxe.

A zona é moi demandada pola súa proximidade ao centro, ademais de contar con finca e boa orientación.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Cangas rural
200.000 €

Resumo:

 Superficie 221 m2
 Parcela 515 m2
 Dormitorios 4
Baños 2
 

E ademais

Estado Para reformar
Ano 1970
Garaxe
Cal. Enerxética (Pendiente certificar) VER

Inmobles semellantes:

Casa en venda  en Cangas, Pontevedra . Ref: 2994. Lares Inmobiliaria
Cangas
138.000 €
Casa en venda  en Cangas, Pontevedra . Ref: 4311. Lares Inmobiliaria
Cangas
158.000 €
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

YouTube (novo)

Gardar configuración