Casa de pedra e ladrillo caravista rústico, á venda en Domaio (Moaña), con excelentes vistas á Ría de Vigo e á montaña.
Dada a súa localización, conta con moi bo acceso á Vía Rápida do Morrazo e a oito minutos en coche do centro de Vigo.
De aproximadamente 214 m2 construídos e unha parcela duns 950 m2.
A vivenda atópase terminada por fóra, tanto paredes como tellado e faltaría rematar por dentro (ofrecendo a posibilidade ao futuro comprador de darlle a distribución que necesite).
Distribúese en soto, planta baixa con balcón con vistas despexadas á ría e primeira planta baixo cuberta. Toda a vivenda é exterior, moi luminosa e con todas as orientacións.
Dispón dunha leira en socalcos que chega á estrada e tamén ten entrada pola parte de arriba, á que chega o coche.
Conta con garaxe.
Ideal para quen busque espazo, tranquilidade, boa situación e vistas despexadas e asolladas.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno