Á venda esta casa de 171 m2. para rehabilitar, cunha leira de aproximadamente 910 m2, situada na zona de Hío (Cangas), con excelentes vistas.
Atópase ben conectada coa Vía Rápida do Morrazo e moi preto das praias (Arneles, Pinténs, Castiñeiras, etc).
No seu estado actual, distribúese en soto, planta baixa e baixo cuberta. Dispón de catro dormitorios, salón, cociña e dous baños, aínda que coa súa futura reforma, este estado podería variar, para adecuarse á actualidade e ser máis práctica.
Ten espazo descuberto para aparcadoiro.
Excepcional oportunidade para vivenda habitual, segunda residencia ou investimento.
A casa ten moitísimas posibilidades e por tanto, podería converterse, coa rehabilitación, nunha estupenda vivenda preto do mar e nunha zona moi tranquila e asollada.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno