Casa á venda entre Cangas e Moaña (zona da Pandiña), con estupendas vistas á Ría de Vigo.
Situada nunha contorna tranquila e residencial.
Asollada todo o día, con orientación Sur, cunha bonita parcela duns 479 m2 aproximadamente, na que poder gozar ao aire libre, cun espazo para organizar as comidas, ceas ou simplemente relaxarse.
A vivenda distribúese en dúas plantas (baixa e primeira) e conta cunha distribución funcional e cómoda.
Na planta baixa atopámonos cun amplo salón-comedor, unha cociña independente e un aseo con ducha na zona de xardín. Na devandita zona exterior tamén existe un espazo de comedor, moi aproveitable para os días que se queira comer ou cear fóra da casa.
Desde a cociña accédese a unha habitación no antigo faiado da vivenda, cunha velux orientada a Sur, con estupendas vistas.
Xa na primeira planta, subindo unhas escaleiras exteriores, temos un baño con bañeira e tres dormitorios. Desde esta planta accedemos á baixo cuberta ou faiado, tamén con velux orientada a Sur, con moita luminosidade e con posibilidades dun posible espazo para oficina, estudo ou outra habitación.
Dentro do circundado do inmoble pódese estacionar un vehículo (descuberto).
A vivenda dispón dunha parte con placa de cemento e a outra con placa de madeira, a cal achega unha estética cálida e natural á propiedade.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno