Á venda esta preciosa casa de pedra e ladrillo, reformada e moi coidada, situada en San Lorenzo-Domaio (Moaña).
Con boa comunicación coa Vía Rápida do Morrazo, a 8 minutos en coche, tanto de Cangas como de Vigo; e a 15 minutos de Pontevedra.
Trátase dunha propiedade cun estupendo xardín, piscina de obra moi coqueta e espazo de aparcadoiro para dous vehículos.
A vivenda componse dunha adega duns 20 m2, planta baixa de 113 m2 e primeira planta de 71 m2.
Na planta baixa atopámonos cun amplo salón-comedor, cociña, dous dormitorios e un baño con ducha.
E a primeira planta distribúese nun espazo diáfano na súa entrada, dous amplos dormitorios, un deles con vestidor e un baño con ducha.
Todas as estancias son exteriores e con orientación Sur e Oeste, o que as fai moi asolladas e luminosas.
A vivenda dispón de diferentes tipos para a calefacción: por unha banda, radiadores eléctricos e á vez, ten dúas chemineas, unha de leña e outra de pellets.
Na parte superior da leira está o espazo para aparcadoiro ou garaxe, no que poden entrar dous vehículos.
Na zona axardinada, ademais da entrada á adega, complétase cun asador e espazos varios para gozar da vivenda, ademais dunha fermosa piscina de obra.
En resumo, esta vivenda conta con todo o necesario para unha persoa que busque espazo, tranquilidade e unha vivenda preparada para entrar a vivir.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno