Local comercial dispoñible en alugueiro, de 114 m2 aproximadamente, situado en Vilariño-Hío (Cangas).
Pola súa proximidade ás zonas de praia e ao porto de Aldán, conta cunha localización ideal para uso comercial.
Excelente visibilidade. Rúa moi transitada, por ser conexión entre O Hío e o acceso a Aldán. Cercanía coa vía rápida a Vigo en 5 minutos.
A última actividade foi como supermercado, pero este local ofrece múltiples posibilidades de negocio.
En planta baixa dunha vivenda, conta con escaparates na fachada principal e dispón dun aseo na parte traseira.
A renda indicada é a base impoñible (suxeita a IVE e retención por IRPF). A comunidade e o IBI están incluídos, sendo por conta do inquilino a luz, o auga e o lixo.
Como en todos os alugueiros de local comercial, é necesario acreditar solvencia e depositar dous meses de fianza (para o seu depósito obrigatorio no IGVS-Xunta de Galicia).
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno