Baixo comercial en alugueiro en Cangas, situado na avenida de Bueu. Nunha zona con outros negocios e comercios en activo. A escasos minutos andando da Estación Marítima e da Estación de Autobuses.
A última actividade do local foi como comercio de roupa, que estivo en funcionamento durante máis de 25 anos. Conta cunha superficie aproximada de 79 m², distribuída entre a zona dianteira de comercio e atención ao público, unha sala ideal para almacenaxe e un aseo.
O local atópase en bo estado e dispón de dous escaparates que dan á propia avenida. O mobiliario que aparece nas fotografías non está incluído.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención de IRPF que corresponda en cada momento. A persoa inquilina deberá facerse cargo dos recibos da luz, da auga e do lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno