Local en alugueiro situado en pleno centro de Cangas, dentro das galerías da Avda. de Marín, acondicionado e con gran escaparate.
Nunha zona moi transitada e comercial, con negocios en pleno funcionamento ao seu arredor. Moi preto do Concello, do Centro de Saúde e con todos os servizos básicos á man.
O local estivo en activo ata hai pouco tempo, o que garante o seu potencial comercial. A última actividade foi como tenda de lambetadas, pero ofrece posibilidades para outros modelos de negocio.
Aseo de uso común nas propias galerías.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención no IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno