Parcela edificable na zona de San Lourenzo, Domaio (Moaña). Moi próxima á entrada á Vía Rápida do Morrazo e a 10 minutos, tanto de Vigo como de Cangas.
De 523 m2, asollada, con orientación Sur e vistas despexadas cara á Ría de Vigo e cara á montaña.
Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade e dispón dun Proxecto de edificación visado, o cal se pode retomar, tendo tamén pagadas as taxas ante o Concello de Moaña.
Tamén dispón de estudo geotécnico e atópase xa coordinada con Catastro.
En resumo, esta parcela atópase lista para empezar a construción da súa vivenda de futuro.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno