Parcela de aproximadamente 4.000 m2, en Bueu, perfectamente acondicionada para uso turístico con cabanas-bungalows de madeira e con espectaculares vistas ao mar e á montaña.
A leira conta con varios bungalows xa instalados e funcionando e con capacidade para tres máis. Con espazos xa definidos para aparcadoiro e zonas de lecer e amplos xardíns.
Ditas cabanas revestíronse o pasado ano con produtos para maior protección das mesmas.
Situada nunha contorna natural privilexiada e nunha zona de alta demanda turística (proximidade a Cangas, Vigo e Pontevedra, barco á Illa de Ons), a propiedade ofrece preciosas vistas ao mar e un ambiente tranquilo, ideal para gozar da natureza e do encanto das Rías Baixas.
O terreo está preparado e equipado para continuar a actividade de forma inmediata, coas licenzas ao día, converténdose nunha oportunidade perfecta tanto para investimento como para a xestión directa dun negocio turístico consolidado.
Ademais dispón de varias leiras anexas, con opcións de aparcadoiro e acceso a un carreiro para chegar á praia ou ao pobo en cinco minutos camiñando.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno