Alugueiro para o curso escolar: este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso escolar ata o mes de xuño incluído (polo tanto, quedan excluídos os meses de verán).
Situado nunha zona moi tranquila pero, ao mesmo tempo, próxima ao centro de Cangas. Conexión coa vía rápida de acceso a Moaña ou Vigo a tan só 5 minutos en coche.
A vivenda distribúese do seguinte xeito: dos dormitorios, dous baños, cociña independente e salón-comedor.
Dispón de ascensor e alúgase con praza de garaxe. Calefacción eléctrica e auga quente sanitaria mediante termo eléctrico.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).
O inquilino deberá facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno