Aluguer só para o curso escolar: contrato de tempada dende mediados de setembro até aprox. 20 de Xuño por motivos laborais ou de estudo.
Apartamento de 1 dormitorio, con salón-cociña (con sofá cama) e un baño. Totalmente exterior e independente. Nunha casa con parking e xardín comunitarios.
Situado na planta baixa do inmoble, accesible, sen escaleiras (aínda que practicamente resulta unha primeira planta polo desnivel do terreo).
Dispón de auga quente eléctrica e calefacción central por gasoil. Ademais da renda hai que pagar luz e calefacción (servizo opcional). Está incluido no prezo a auga e o lixo.
Non se admiten mascotas. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato e a entrega de fianza.
Este anuncio ten carácter exclusivamente informativo e publicitario e non permite realizar reservas, celebrar contratos de arrendamento nin efectuar pagamentos a través desta páxina web. A dispoñibilidade, renda, duración e demais condicións deberán ser confirmadas expresamente antes da formalización do correspondente contrato por escrito. A información contida neste anuncio é meramente orientativa e non contractual, podendo conter erros, sufrir modificacións ou ser retirada sen previo aviso.
En Lares non cobramos honorarios á parte arrendataria, conforme á normativa vixente.
o seu entorno