Posto de traballo, para xornada completa, disponible de 8:00h a 20:00h, nun espazo de coworking con zonas comúns e climatización. Situado nunha estancia impresionantemente luminosa, con 2 enormes ventás, sol directo de mañá e vistas abertas.
Mobiliario de calidade profesional. Equipado cunha mesa de traballo e unha silla directiva (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables).
Posto integrado en “Trebella” (espazo de traballo para empresas e profesionais creado por Lares), con acceso gratuito aos espazos comúns: sala de reunións capacitada tecnoloxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono), sala de espera e descanso, cociña (con frigorífico, microondas, cafeteira, despensa, etc) e baño adaptado. Local ben illado (fachada ventilada, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros con protección solar e acústica), coa máxima calificación enerxética: A.
Inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 600 megas), climatización (aire quente e frío), seguro e gastos (luz, auga e lixo). IVE non incluído.
Instalacións de estilo e calidade que falarán de ti. Prezo pechado, sen imprevistos, para unha perfecta planificación.
Trebella atópase en Rúa Andalucía 10, nun sector do centro administrativo de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da Propiedade, Notaría, INSS, Correos, Servicios Sociais e Auditorio Municipal.
Máis oficinas dispoñibles no mesmo espazo:
TREBELLA.GAL
o seu entorno