Terreo de 3.609 m2 con proxecto e licenza para campamento de 5 cabanas de madeira para hospedaxe e unha sexta para recepción, todas elas con vistas á bocana da Ría de Pontevedra.
Actualmente, e segundo o proxecto de actividade, a parcela está disposta en catro socalcos, todos eles con vistas, onde nos tres primeiros (nos máis altos) vanse situar as cabanas para hóspedes e no último socalco (o máis baixo) disporase dunha zona común para uso recreativo.
Cada cabana de hóspedes vai contar con parcela pechada e independente, que van dende os 142 m2 da cabana nº 2 ata os 318 m2 da cabana nº 3.
A finca vai ter un vial central de servicio, una sexta cabana de recepción, un cobertizo anexo a cabana nº4 e un edificio auxiliar no último socalco.
AS CABANAS
Tanto a cabana existente coma as pendentes de executar son de madeira, prefabricadas, todas con porche e coa seguinte ocupación:
- CABANA 1 (socalco primeiro): 1 dormitorio, 4 prazas.
- CABANAS 2 e 3 (socalco segundo): 2 dormitorios e 6 prazas cada unha.
- CABANA 4 (socalco segundo): xa instalada. 114 m2, 2 dormitorios, 6 prazas.
- CABANA 5 (socalco terceiro): 2 dormitorios, 6 prazas.
Ocupación total do campamento: 28 prazas.
ASPECTOS RELEVANTES
- Zona de alta demanda turística: proximidade a Vigo, a Pontevedra, ao barco á Illa de Ons (a 3 minutos en coche do porto de Bueu) e ao barco as Illas Cies (a 15 minutos en coche do Porto de Cangas).
- Gran opción de investimento, xa que a parte máis complexa deste tipo de actividades (obtención da licenza e inscrición da actividade) xa está feita, polo que só quedaría o resto da execución material da obra.
- Investimento para explotación propia (particular que queira desenrolar a actividade el mesmo) ou investimento para logo arrendar a actividade a un terceiro para que a explote.
- Finca pechada e axardinada.
- Campamento de segunda categoría segundo ordenación de turismo de Galicia.
Conta xa con licenza de actividade do Concello polo que na finca só se podería desenrolar esa actividade. Non apto para vivenda habitual.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno