Dispoñible á venda chalé de pedra de obra recente en Coiro, Cangas, nunha zona moi tranquila e preto da rotonda da Rúa, que conecta coa Vía Rápida.
Trátase dunha vivenda distribuída en 3 plantas que conta con terrazas, patios e finca.
Na planta baixa atópase o garaxe con espazo para varios coches, a zona de lavandaría, unha oficina, almacén e as instalacións das placas solares e da bomba de calor que abastecen a calefacción (por chan radiante e independente por cada planta) e a auga quente sanitaria da casa.
Na primeira planta hai un gran salón e unha cociña enorme, ambos con acceso a unha amplísima terraza con vistas. A cociña está equipada, con encimera e mobles porcelánicos, funcional e práctica cunha illa no centro e ventá no fregadoiro cara o xardín. Tamén nesta planta hai un dormitorio e un cuarto de baño con ducha, con dobre acceso dende o corredor e tamén dende o dormitorio.
A segunda planta conta con 4 dormitorios amplos, un deles con baño propio con bañeira de hidromasaxe e tamén ducha, e armario encaixado de 3 follas, e outro baño xeral con ducha.
As tres plantas comunícanse interiormente e tanto a planta baixa como a primeira contan con acceso exterior por ambas as fachadas.
Todas as estancias da vivenda son exteriores e teñen ventás de dobre cristal oscilobatentes. As portas son de 80 cm e dúas delas son corredoiras. Posibilidade de instalar cheminea no salón.
No xardín hai un fermoso hórreo, con ventás e instalación eléctrica, así como unha zona de horta e galiñeiro.
Conta con conexión á traída munipal de auga e saneamento público.
Vivenda moi práctica e cómoda, con espazos amplos e funcionais, moi asollada durante todo o día e con vistas despexadas dende calquera estancia, nunha zona moi tranquila e ao tempo próxima ao centro de Cangas e perfectamente comunicada.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno