Rochos en alugueiro situados na planta baixa dun edificio no Paseo Marítimo de Aldán (Cangas).
Atópanse en condicións óptimas para almacenaxe, ao seren de recente construción e estar libres de humidades.
O chan é de formigón pulido, as paredes están pintadas, o local dispón dunha porta de acceso común e cada trasteiro conta coa súa porta individual.
A iluminación ten sensor de movemento e luz de emerxencia. Dispoñen de ventilación.
O prezo con IVE é de 60,00 €. A fianza legalmente esixida é de 120 €.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora nin á parte inquilina.
Os importes publicados non inclúen impostos nin os gastos asociados a cada operación.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
o seu entorno