Á venda esta parcela edificable na zona de Petís, en Bueu.
Excelente localización, a tan só cinco minutos a pé do centro da vila. Situada fronte á praia de Petís e moi próxima a outras praias como Loureiro ou Agrelo.
A parcela ten unha superficie de 406 m², é chá e conta con acceso por dúas rúas.
Pola súa localización e características, preséntase como unha magnífica oportunidade para a construción dun edificio, tanto para promotores como para investidores, dada a elevada demanda de vivenda nesta zona. Un enclave privilexiado, con paseo marítimo e praias nas proximidades, sen renunciar á comodidade de dispoñer de todos os servizos básicos a poucos minutos.
Situada a tan só 25 minutos en coche de Pontevedra e Vigo, e cunha parada de autobús a escasos 25 metros da parcela.
Incrista no Rexistro da Propiedade
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP), que poderá estar suxeito a bonificacións segundo a normativa vixente, nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.