Apartamento situado na planta baixo cuberta (ático) dunha vivenda en Vilanova, con vistas á ría de Aldán, sita na zona das praias de Area Brava (a 800 m), e Punta Alada e Rabáns (a 200 m).
Á vivenda accedese de forma independente polo exterior a través dunha escaleira aberta e balcón de acceso. Está distribuída en dous dormitorios (un con vista á ría e outro á zona de xardín), e salón con cociña aberta, toda exterior e orientación este con sol directo pola mañá, nunha zona moi tranquila.
Conta cunha zona privada de xardín na parte traseira de aproximadamente uns 60 m2, garaxe pechado con acceso directo desde a rúa na planta baixa do inmoble de aprox. 20m2, que ademais de praza serve de zona de almacenamento. Non dispón de calefacción.
Trátase dunha magnífica opción de vivenda para segunda residencia pola súa localización na contorna de Punta Couso, zona de praias tranquilas e sendeiros, un espazo de gran valor natural.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno