Casa tradicional galega, de estilo barroco do século XVIII, coñecida popularmente como "
Pazo do Xistro", con alto valor
arquitectónico e patrimonial.Propiedade sita na zona rural de Cangas, en Coiro, pegada á
Ruta dos Muíños, privilexiada localización preto do
centro e con boa comunicación, gozando á súa vez da absoluta tranquilidade
do
rural, en zona
asollada e
chaira.
A vivenda, de 367 metros cadrados (en medianeira con outra de iguais características), edificados en baixo, primeiro e baixo cuberta, con entrada por unha escalinata cuberta a través de patio, posúe un gran
escudo na fachada e conta cunha excelente orientación sur, con estancias totalmente exteriores e
balcóns de balaustrada de pedra que incrementan a luminosidade. Espazos de comunicación amplos e gran
cheminea orixinaria de pedra en estancia principal que favorecen a sensación de amplitude e confort.
Ademais da vivenda, na parcela atópanse outras construcións tamén de alto valor, como un precioso
muíño de río de pedra, un gran
pombal rectangular, un
hórreo e unha
raposeira de pedra. Todo isto integrado nunha amplísima parcela de 6.090 metros cadrados, embelecida co curso do río e pontes, xardíns e numerosos arboles e arbustos.
Preciosa casa
histórica, con excelente localización, contorna, orientación, tamaño, valor histórico e arquitectónico, etc. que necesita unha posta a punto para destinar tanto a vivenda como a negocio (casa rural, vodas e eventos, etc.).
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.