Adosado de obra nova cun deseño moderno e funcional que se adapta perfectamente ao entorno natural da Ría de Aldán, ubicado a escasos metros da praia de Vilariño.
Este adosado de 234,35 m² construídos ofrece unha distribución ampla e versátil con salón, cociña, tres dormitorios, estudo, dous aseos e un baño, ademais dunha encantadora terraza. Dado que está en fase de desenvolvemento, a distribución pode ser personalizada.
Non inclúe a cociña equipada.
O garaxe, con espazo para dous coches, ofréceche a seguridade e o espazo necesario para a túa familia. Conta con porta de acceso motorizada con mando a distancia.
Este adosado tamén dispón dun xardín de 137,35 m², onde existe a posibilidade (non incluida no prezo) de incluír unha piscina para gozar nos días de verán (non incluída no prezo). Posibilidade de instalar un ascensor doméstico para a súa accesibilidade.
A produción de auga quente sanitaria é mediante sistema de aerotermia e conta con preinstalación de calefacción eléctrica mediante radiadores, deixando circuíto específico e enchufes.
A carpintería exterior é de PVC cor branca. Os acristalamentos son dobres tipo Climalit.
O pavimento xeral das vivendas é de tarima flotante multicapa imitación a madeira de carballo.
Os baños están pavimentados con gres porcelánico.
Construccións xa en curso.
Unha excelente oportunidade para vivir nun entorno privilexiado con todas as comodidades.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno