Chalet no Broullón, zona alta de
Moaña, nunha contorna residencial moi
tranquilo, con excelente orientación ao sol, vistas abertas á ría e acceso rápido á vía rápida do Morrazo.
Construído en
pedra de granito e distribuído en tres plantas, o inmoble destaca pola súa
amplitude,
luminosidade e versatilidade dos espazos, xa que permite dispoñer dunha vivenda principal e outra independente en planta baixa.
A planta principal, cunha superficie de 143 m² á que se accede directamente desde o portal cunha entrada colonial con escaleiras. Alberga un amplo salón-comedor con
cheminea conductora de calor ás habitacións e
balcón con vistas despexadas ao mar, unha gran cociña totalmente equipada, con pedra pulida negro Galaxy, con espazo para comer e acceso á zona de
lavandaría, ademais de tres dormitorios con armarios
encaixados (un deles con baño propio con ducha) e un baño xeral con bañeira.
Desde esta planta accédese interiormente á planta baixo cuberta de 34 m², onde se atopa unha acolledora e amplísima sala de estar aberta á escaleira, un dormitorio independente, un baño con ducha e unha
terraza con vistas panorámicas, con teitos abouxados revestidos con friso de madeira barnizada.
A planta en semisoto, de 3 metros de altura, é completamente
independente do resto da vivenda (accédese unicamente desde o exterior). Nela atopamos un salón-comedor aberto á entrada, unha cociña independente equipada e tamén de gran tamaño, tres dormitorios (dous con armarios encaixados e un con baño en suite con ducha), un baño xeral completo, zona de lavandaría e un pequeno rocho interior, ademais doutro rocho exterior xunto á porta de acceso.
A vivenda conta con
calefacción central por gasóleo e a auga quente sanitaria tamén pode ser mediante a caldeira de gasóleo ou por termo eléctrico. Todas as estancias son
exteriores, con ventás ou portas balconeiras, sempre de PVC, dobre cristal e oscilobatentes.
Ten pozo de barrena e está conectada ao servizo de traída municipal para poder dar de alta en calquera momento.
Dispón de instalación eléctrica trifásica.
No exterior, a finca conta con
zonas axardinadas, acceso rodado a un
aparcadoiro cuberto desde o portal de entrada,
dous cenadoiros, un deles fronte á porta principal con
grellada de pedra e comedor cuberto, adega baixo a zona de aparcadoiro onde se localiza a instalación de calefacción por gasóleo e o termo eléctrico
Ademáis completa o inmoble unha
piscina de 34 m², de poliéster, con zona verde, xunto a un fermoso
xardín rochoso con estanque natural, todo isto con vistas abertas ao mar e á natureza desde practicamente todas as estancias.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.