Dispoñible
á venda chalé de pedra de obra recente en Coiro, Cangas, nunha zona moi tranquila e preto da rotonda da Rúa, que conecta coa Vía Rápida.
Trátase dunha vivenda distribuída en
3 plantas que conta con terrazas, patios e finca.
Na
planta baixa atópase o
garaxe con espazo para varios coches, a zona de
lavandaría, unha
oficina,
almacén e as instalacións das
placas solares e da bomba de calor que abastecen a calefacción (por
chan radiante e independente por cada planta) e a auga quente sanitaria da casa.
Na
primeira planta hai un gran salón e unha cociña enorme, ambos con acceso a unha
amplísima terraza con vistas. A cociña está equipada, con
encimera e mobles porcelánicos, funcional e práctica cunha illa no centro e ventá no fregadoiro cara o xardín. Tamén nesta planta hai un dormitorio e un cuarto de baño con ducha, con dobre acceso dende o corredor e tamén dende o dormitorio.
A
segunda planta conta con 4 dormitorios amplos, un deles con baño propio con bañeira de
hidromasaxe e tamén ducha, e armario encaixado de 3 follas, e outro baño xeral con ducha.
As tres plantas comunícanse interiormente e tanto a planta baixa como a primeira contan con acceso exterior por ambas as fachadas.
Todas as estancias da vivenda son
exteriores e teñen ventás de dobre cristal oscilobatentes. As portas son de 80 cm e dúas delas son corredoiras. Posibilidade de instalar
cheminea no salón.No xardín hai un
fermoso hórreo, con ventás e instalación eléctrica, así como unha zona de horta e galiñeiro.
Conta con conexión á traída munipal de auga e saneamento público.
Vivenda moi práctica e cómoda, con espazos amplos e funcionais, moi asollada durante todo o día e con vistas despexadas dende calquera estancia, nunha
zona moi tranquila e ao tempo próxima ao centro de Cangas e perfectamente comunicada.En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.