Disponible en venda ou aluguer este local comercial en pleno centro de Cangas, con moita visibilidade e situado nunha zona comercial rodeada doutros negocios en pleno funcionamento. Próximo a todos os servizos básicos.
De aproximadamente 174 m² de superficie, distribúese en dúas plantas (uns 95 m² na planta baixa e uns 62 m² no entresolo), cun amplo escaparate e un aseo en cada planta. A planta baixa atópase acondicionada, mentres que o entresolo precisa acondicionamento.
O acceso ao interior do local na planta baixa realízase mediante rampla, o que garante a accesibilidade. O acceso á entreplanta é por escaleiras interiores.
Estivo en activo ata hai pouco tempo, o que garante o seu gran potencial comercial. A última actividade foi comercio de roupa e complementos, pero preséntase como unha excelente oportunidade para outros tipos de negocio.
O inquilino deberá facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. Ao prezo hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención de IRPF que corresponda en cada momento.
Para o alugueiro, a fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno