Ref.:
Procuro:
Tipo:
En:
Habitacións:
Prezo:

Ático con terraza enorme en Cangas (ref.2126)

Ático sito na avenida de Galicia, en pleno centro de Cangas, xusto ao carón dos Xulgados e moi preto do Casco Vello, nunha zona moi tranquila e moi valorada pola súa localización e proximidade ao resto do casco urbano.

Trátase dun piso totalmente exterior, mesmo no recibidor de entrada, con calidades magníficas, e cunha terraza que o rodea, sobre a que dan todas as estancias, creando zonas de lecer específicas para cada unha delas.

Mellorouse o illamento térmico da vivenda con dobre ventá e dobre porta corredeira, todas con dobre cristal climalit, así como illamento en todos os teitos, o que proporciona un interior moi confortable durante todo o ano.

Está distribuído en 3 dormitorios, sendo o principal de matrimonio con baño propio e prato de ducha, todos con grandes armarios empotrados, incluso no corredor, e dous deles con acceso directo á terraza. Dispón dun amplo baño xeral con bañeira, cociña-comedor independente totalmente equipada con electrodomésticos, incluíndo cociña de indución, combi, lavalouza, lavadora e termo eléctrico para a auga quente, todo isto xunto cun salón amplo e luminoso, igual que o resto das estancias.

Conta con 2 rochos, 2 prazas de garaxe, ascensor e calefacción por acumuladores. O prezo inclúe a cociña amoblada con electrodomésticos e o resto semi-amoblado. Presenta uns acabados excepcionais.

Mapa de situación

A ubicación do inmoble é aproximada.

o seu entorno

Cangas
360.000 €

Resumo:

 Superficie 100 m2
 Dormitorios 3
Baños 2
 Amoblado
 Cociña Amoblada
 Calefacción Acumuladores
 Trasteiro
 

E ademais

Planta
Estado Impecable
Ano 2008
Chans Tarima de carballo americano
Ascensor
Garaxe
Cal. Enerxética (G) VER

Inmobles semellantes:

Ático en venda  en Cangas, Pontevedra . Ref: 4463. Lares Inmobiliaria
Cangas
210.000 €
Ático en Cangas, Pontevedra . Ref: 1823. Lares Inmobiliaria
Cangas
 
 
Sobre Lares

Somos dúas empresas que camiñamos xuntas dende 2009. Viñamos de moitos anos alugando os nosos inmobles, o que nos levou a ser tamén xestores inmobiliarios de venda e aluguer.

Pero fíxémolo ao noso xeito, rachamos tódolos convencionalismos e iso gustouvos, e así, xuntos, chegamos ata hoxe.

Formas parte dela, coñece a nosa historia!

Consentimento de Cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrarlle publicidade personalizada baseada nun perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).

Para obter máis información, consulte a política de cookies.

Pode aceptar todas as cookies premendo o botón "Aceptar", rexeitar o seu uso premendo o botón "Rexeitar" e configuralas premendo o botón "Configurar".

Aceptar
Rexeitar
Configurar

← Volve atrás

Acepta todo
Rexeita todo

www.lares.gal
Cookies técnicas e funcionais

Facebook (novo)

Google Analytics (novo)

Google Maps (novo)

Gardar configuración