Local comercial lóbrego, de aproximadamente 246 m2, dispoñible para aluguer en Vilariño-Hío (Cangas).
Totalmente accesible, con posibilidade de escaparates na súa enorme fachada.
Atópase enfronte á praia de Vilariño e nunha zona residencial e tranquila. Ben comunicado coa entrada á vía rápida do Morrazo.
Aluguer de longa duración para permitir ao inquilino amortizar co investimento no acondicionamento do local para a súa actividade.
Con múltiples posibilidades de uso, como local comercial, accesible, a pé de rúa e polas súas dimensións ideal para ximnasio, clínica, negocio de venda de subministracións relacionadas coa automoción, electricidade, fontanaría, ferraxaría ou almacén para calquera destes negocios. Dada a súa localización (xusto enfronte da praia), tamén pode ser unha boa opción para empresas relacionadas con actividades acuáticas tipo, kaiak, surf, piragüismo, etc.
O prezo indicado é a base impoñible (á que hai que sumar o IVE e descontar a retención por IRPF que corresponda por lei en cada momento). A conta do arrendatario son os gastos de luz, auga e lixo, sendo por conta do arrendador, a comunidade de propietarios e o IBI.
Para o seu aluguer é necesario a presentación de garantías e a entrega da fianza mínima obrigatoria por lei: 2 mensualidades de renda.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno