Esta vivenda atópase en Vilariño, Hío, á beira da Alameda de Aldán. A zona conta con todo tipo de servizos preto (Centro de Saúde, supermercados, etc) e conta con bo acceso tanto ao núcleo urbano de Cangas como á Vía Rápida.
Atópase en perfecto estado e estaría dispoñible no mes de setembro.
O piso distribúese nun salón comedor con balcón cara a estrada, cociña independente e equipada, ampla e con acceso a un patio grande particular, tres dormitorios e dous baños, un deles con ducha, dentro da habitación principal e o outro é con bañeira.
É unha vivenda moi ampla, de aproximadamente 104 m2 e conta con praza de garaxe e rocho.
A calefacción é por acumuladores eléctricos e a auga quente mediante termo eléctrico.
O edificio conta con ascensor e é accesible.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno