Último despacho dispoñible! Reserva xa e benefíciate dun desconto do 25% durante os tres primeiros meses (despois 300€/mes + ive).
Oficina de 11m2 útiles en Cangas. Con climatización programable, independente do resto do local e portelo automático.
Mobiliario de oficina de calidade profesional. Equipada cunha mesa de traballo doble, 2 cadeiras directivas (regulables en altura, reclinables e con resposabrazos regulables), 1 armario modular, estor e lámpada led de deseño.
Integrada en “Trebella” (espazo de traballo para empresas e profesionais creado por Lares), con acceso gratuito aos espazos comúns (que ocupan máis de 40m2 útiles): sala de reunións capacitada tecnoloxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono), sala de espera e descanso, cociña (con frigorífico, microondas, cafeteira, despensa, etc) e baño adaptado. Local ben illado (fachada ventilada, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros con protección solar e acústica), coa máxima calificación enerxética: A.
O prezo inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización (aire quente e frío), alarma, seguro e gastos (luz, auga e lixo). IVE non incluído.
Esta oficina permite traballar con independencia e privacidade, e ao mesmo tempo facer uso doutros espazos comúns gratuitamente. Nunhas instalacións de estilo e calidade que falarán de ti. Prezo pechado, sen imprevistos, para unha perfecta planificación.
Trebella atópase en Rúa Andalucía 10, nun sector do centro administrativo de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da Propiedade, Notaría, INSS, Correos, Servicios Sociais e Auditorio Municipal.
TREBELLA.GAL
o seu entorno