Parcela non edificable en solo rústico á venda en Cangas, na contorna da praia de Areabrava (O Hío), nunha zona tranquila e rodeada de natureza.
Polas súas características e uso, non está permitido ningún tipo de construción nin instalación fixa, modular ou similar.
Non dispón de acceso para vehículos.
Non existe a posibilidade de dar de alta subministracións como electricidade ou auga.
Conta con 150,58 m², perfectamente delimitados e con medición topográfica recente. Non está inscrita no Rexistro da Propiedade.
Para ampliar a información relativa á parcela, será necesario contactar por teléfono ou de forma presencial na oficina. Non se atenderán solicitudes por correo electrónico.
En Lares non cobramos honorarios á parte compradora.
O prezo publicado non inclúe o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) nin os gastos derivados da compravenda, como notaría e rexistro.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno